A unidade móbil de doazón de sangue visita Cabanas este xoves
  • Luns, 26 Setembro 2016

De 16 a 21 horas, estará no estacionamento ubicado fronte á farmacia

Cabanas, 26 de setembro de 2016. O Concello de Cabanas informa á veciñanza que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase este xoves ó municipio, onde permanecerá entre as 16 e as 21 horas, no estacionamento ubicado fronte á farmacia. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á cidadanía e garantir así as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

Últimos días para anotarse no curso de froitocultura que promove o Concello
  • Venres, 23 Setembro 2016

O prazo remata este luns e os interesados deben apuntarse na casa consistorial

Cabanas, 23 de setembro de 2016. O Concello de Cabanas informou esta mañá de que o prazo para anotarse no curso de froitocultura finalizará este luns, 26 de setembro. As prazas son limitadas -20- e as persoas interesadas en participar deben apuntarse no departamento municipal de Cultura –pranta baixa da casa consistorial-. O custe é de 20 euros.

Cabanas propón sábados teatrais para o mes de outubro
  • Mércores, 21 Setembro 2016

A Concellería de Cultura organiza un ciclo que inaugurará o grupo de teatro local “Licor Café” e a súa obra “Ao son dos novos”

Todas as representacións comezarán ás 19 h no salón de plenos

Conclúen os traballos de pavimentación e desbroces de 2,6 kms de pistas rurais
  • Venres, 16 Setembro 2016

As labores realizadas polo Concello contaron cun orzamento de 56.000 euros

Cabanas, 16 de setembro de 2016. O Concello informou esta mañá do remate dos traballos de pavimentación de 2,6 kms de pistas rurais. Intervención que tamén incluíu tarefas de desbroces e limpeza de cunetas a ambas marxes dos viais. Leváronse a cabo en dous camiños de 1,8 kms e 800 metros, que discorren entre A Pedra do Couto e a Relousada, pasando polo Alto do Cotiño.

Páxinas