Educación e Cultura

A Área de Educación e Cultura xestiona tanto as actividades como as políticas culturais e educativas do concello, en colaboración coas entidades sociais, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, o IES Fragas do Eume e o IES Breamo.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

Actividades culturais:

As actividades culturais para o curso 2019 – 2020 son as seguintes:

  • Actividades para menores: xadrez, inglés, manualidades e teatro.
  • Actividades para persoas adultas: corte e confección, bolillos e xadrez.
  • Escola de Música: Iniciación á música, linguaxe musical e harmonía, piano, guitarra, violonchelo e coro.

Ciclo de Teatro

O Concello de Cabanas organiza todos os anos un ciclo de teatro amateur no que participan tanto compañías locais como outras chegadas desde outros concellos.

Cabanas recibe unha subvención para o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

O Concello de Cabanas resultou beneficiado dunha subvención, por parte da Deputación Provincial da Coruña, para o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural. A dita subvención está incluída no programa FO206/2023, de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.

O Concello de Cabanas recibiu unha subvención por importe de 10.000 € para o mantemento do posto de traballo da Animadora Cultural e Actividades Recreativas.

Novas Relacionadas

Cultura
Imaxes da actuación de Fracanapa
By

O pasado venres tivo lugar a actuación de Fracanapa, o dúo formado pola violinista alemá Susanne Hofmann e o bandoneonista arxentino Matías González, veciño de Cabanas…