Inicio

Cabanas recoñece ós seus veciños máis destacados no ámbito da cultura e do deporte na súa gala anual
  • Jueves, 06 Abril 2017

O Concello invita á veciñanza a tomar parte mañá venres nesta cita, que se celebrará no salón de plenos da casa consistorial a partir das 20 horas

Cabanas, 06 de abril de 2017. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas acollerá mañá venres, 7 de abril, a Gala Anual da Cultura e do Deporte. Organizada polo Concello, invítase a toda a veciñanza a tomar parte na mesma a partir das 20 horas.

O Concello de Cabanas celebra a súa festa da Cultura e do Deporte
  • Lunes, 03 Abril 2017

O Grupo de Teatro Licor Café, Club Cabanas KDM e Escola de Grappling e MMA Graíño team Laraxe serán os galardoados nesta cita, este venres

O alcalde, Germán Castrillón, avanza que na gala se rendirá homenaxe ó cantautor Andrés do Barro e ó antigo Real Club Deportivo Regüela

O Concello procede ó desbroce e limpeza de cunetas en 14 kms de camiños municipais
  • Miércoles, 29 Marzo 2017

Os traballos, orzamentados en preto de 16.000 euros, lévanse a cabo no camiño da Veiga, de Xabariz e na estrada entre Fonfría e Laraxe

Cabanas, 29 de marzo de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá de que o Concello está a levar a cabo traballos de desbroce e limpeza de cunetas nos camiños municipais. E, máis concretamente, na estrada que une Fonfría e Laraxe e nos camiños da Veiga e Xabariz.

Páginas