Inicio

Castelos de Area e Balonmán Praia
  • Miércoles, 04 Agosto 2010

O pasado 24 de xullo tiveron lugar na Praia de A Madalena as segundas edicións do Concurso de Castelos de Area e do Torneo de Balonmán Praia, ambos cunha gran participación, mellorando con respecto o primeiro ano que se celebraron.

Desta forma, no II Concurso de Castelos de Area participaron un total de 35 rapaces, sendo os resultados finais os seguintes:

  • Primer premio: para o grupo chamado "A barca y colorado".
  • Segundo premio: para o grupo chamado "Las rubísimas".
  • Terceiro premio: para o grupo chamado "Plumilla".

Polo que respecta o II Torneo de Balonmán Praia, tomaron parte nel un total de 9 equipos, xuntándose máis de cen xogadores, cos seguintes resultados.

  • Primeiro clasificado e gañador do torneo: "La furia roja" - Eume.
  • Segundo clasificado: Tirso de Molina - Ferrol.
  • Premio ó mellor xogador: Enrique Romero de "La furia roja" - Eume.

Fotografías II Concurso de Castelos de Area

Fotografías II Torneo de Balonmán Praia

II Concurso de Castelos na area
  • Jueves, 01 Julio 2010

O Concello de Cabanas prosigue cunha actividade novidosa de cara o tempo de lecer durante o verán e que xa levara a cabo o pasado ano. Aproveitando o marco incomparable que supón a Praia de A Madalena, levarase a cabo a segunda edición dun Concurso de Castelos na Area. O día escollido para esta actividade será o próximo día 24 de xullo. A inscrición no concurso será gratuíta, non habendo límite de idade e podendo participar en tres categorías diferentes: infantil, xuvenil e adulto. Máis información nos seguintes links.

Bases II Concurso de Castelos na Area

Folla inscrición

II Torneo de Balonmán Praia
  • Jueves, 01 Julio 2010

Tras do éxito colleitado o ano pasado e seguindo coa idea de ofertar unha nova forma de ocio, o Concello de Cabanas levará a cabo neste verán o seu II Torneo de Balonmán-Praia de Cabanas. O evento terá lugar o próximo día 24 de xullo, rematando o prazo de inscrición o 21 de xullo. Nos seguintes enlaces poderán recadar toda a información precisa.

Regulamento do balonmán-praia

Bases do I Torneo de balonmán-praia de Cabanas

Ficha de inscrición

Campamento de Informática
  • Lunes, 28 Junio 2010

Mellorar os coñecementos de informática dos máis cativos de Cabanas. Este é o obxectivo que se persegue dende a Concellería de Cultura coa programación dun Campamento de Informática, que ven desta maneira a completar a oferta para o ocio de verán para os rapaces do concello. O Campamento de Informática ten previsto que se leve a cabo dende o 13 de xullo e dure ata o 12 de agosto. O horario do mesmo sería de 10:30 horas a 13:00 horas e o lugar escollido para impartirse a Escola Laica de Cabanas. Os días nos que tería lugar a actividade serían os martes, os mércores e os xoves. O prazo de inscrición para apuntarse remata o día 2 de xullo. As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición. Poden acadar máis información no departamento de Cultura, chamando ó 981 49 59 59 ou a través do correo electrónico cultura@cabanas.dicoruna.es

ficha inscrición campamento informática

Actividades de verán 2010
  • Martes, 22 Junio 2010

Co curso de actividades recentemente clausurado, a concellería de cultura de Cabanas non para no seu quefacer e xa se atopa organizando as actividades para manter ós máis novos do concello ocupados durante o período estival. Desta maneira xa están abertos os prazos para as actividades de ludoteca e campamento de verán que tradicionalmente se veñen levando a cabo.

A ludoteca está orientada para rapaces con idades comprendidas entre os tres e os seis anos, mentres que o campamento de verán será para os que teñan entre os sete e os trece. Ambas actividades se desenrolaran no Pavillón de Porto do día 12 de xullo ó 13 de agosto e están pensadas coa intención de ampliar as actividades culturais e lúdicas dos máis pequenos durante o verán. O horario será de dez e media da mañá ata a unha do mediodía de luns a venres. O prazo de inscrición rematará o día 2 de xullo, sendo as prazas limitadas e asignadas por orde de presentación.

Para obter máis información acerca destas dúas actividades, non tes máis que seguir os enlaces que veñen a continuación. En caso de calquera dúbida, poden poñerse en contacto co departamento de cultura do Concello de Cabanas a través do teléfono 981 49 59 59 ou no correo electrónico cultura@cabanas.dicoruna.es

Información Ludoteca

Ficha inscrición Ludoteca

Información Campamento de Verán

Ficha inscrición Campamento de Verán

 

Contratación de persoal
  • Miércoles, 16 Junio 2010

O Concello de Cabanas abriu o prazo para a presentación de solicitudes para a contratación de persoal de obras e servizos, logo de ser aprobadas pola Xunta de Goberno Local as bases. Os interesados poderán presentar as solicitudes segundo o modelo que se facilitará nas oficinas municipais, rematando o prazo o próximo luns 21 de xuño de 2010.

O persoal a contratar serán dúas cuadrillas para a limpeza e mantemento das zonas de praia e estarán compostas por dous capataces e oito peóns. A duración do contrato será de tres meses.

Fin de actividades
  • Jueves, 03 Junio 2010

Coa chegada do verán rematan as actividades tanto culturais como deportivas que organiza o Concello de Cabanas durante todo o ano, así que xa se están a preparar as diferentes actividades para poñer punto e final os distintos cursos que se levaron a cabo. Desta forma, este mesmo sábado, día 5 de xuño, terá lugar a inauguración da exposición dos traballos que se realizaron durante todo o curso.

Páginas