Inicio

I Certame Literario Concello de Cabanas
  • Miércoles, 15 Abril 2009

Ante a proximidade da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Cabanas puxo en marcha o seu I Certame Literario de Narrativa e Poesía. Búscase con esta iniciativa promocionar a creación literaria, ó tempo de servir como estímulo positivo para facilitar unha mellora no eido da literatura e da poesía. No seguinte link poderán descargarse as bases deste certame.

I Certame Literario - Concello de Cabanas

Revisión podolóxica
  • Lunes, 06 Abril 2009

A través da súa concellería de Servizos Sociais, o Concello de Cabanas organiza unha actividade para o vindeiro día 8 de abril que consistirá nunha revisión podolóxica gratuíta, orientada ás persoas maiores do municipio. O lugar onde terá lugar está actividade será na Escola Laica, a partires das dez da mañá e a mesma será levada a cabo por un podólogo profesional. Enmárcase esta actividade dentro do programa de prevención levado a cabo pola concellería de Servizos Sociais, que comezou xa no curso anterior con revisións no C.E.I.P Eladia Mariño e que abre agora unha nova vía de desenrolo. Aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden acadar máis información a través dos Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

Día da Árbore
  • Lunes, 30 Marzo 2009

Co gallo de celebrar o Día Internacional da Árbore, o Concello de Cabanas en colaboración co C.E.I.P. Eladia Mariño e co A.N.P.A O Castiñeiro levou a cabo unha plantación de árbores autóctonas na que colaboraron os nenos e nenas que acoden ó centro escolar cabanés. O pasado venres 27 de marzo, a partir das once e media da mañá desenvolveuse a actividade no parque do Areal. Ademais da plantación de doce especies da zona, un técnico forestal deu unha charla ós rapaces e respondeulles as súas dúbidas. Para finalizar, repartíronse entre todos pequenos carballos e fíxose a solta de vinte pombas mensaxeiras.


 

 

 

Nova programación de informática
  • Martes, 03 Marzo 2009

O Concello de Cabanas decidiu a organización de cursos agrupados en tres niveis diferentes segundo o grao de coñecemento dos interesados en participar. O Concello de Cabanas, a través da súa Aula de Informática, xa ten preparado o que será a programación de cursos de informática que se van a ofertar. Buscando como sempre o chegar ó máximo número posible de beneficiarios, sen que ninguén quede excluído 

Deste xeito, nun primeiro nivel para usuarios que se están a iniciar, ofértanse tres cursos. O primeiro deles titúlase precisamente “Primeiros pasos na informática” e o comezo do mesmo está previsto para o 22 de xullo. O segundo dos cursos, de nome “Introdución á informática e tecnoloxías da informática” comezarase o 4 de agosto e o terceiro curso “Uso de móbiles e cámaras dixitais” o 17 de agosto. 

Nun segundo nivel, para usuarios con coñecementos medios, ofertaranse seis cursos diferentes. O primeiro destes cursos dará comezo o 12 de maio, tratando sobre “Retoque fotográfico”. Do mesmo xeito ofreceranse outros cursos con temática variada, como o uso do procesador de textos en linux, o uso intelixente de internet ou sobre ferramentas de software libre. 

Por último, para usuarios cun nivel avanzado a oferta de cursos comezará xa o próximo 9 de marzo cun curso avanzado sobre retoque fotográfico. Tamén se ofrecerán cursos sobre a creación de blogs, deseño de páxinas web ou ensamblaxe e mantemento de PC’s. 

Para acadar máis información sobre os diferentes cursos, poden achegarse ó Concello de Cabanas ou ben chamar ó 981 49 59 59.

Comida de Carnaval
  • Lunes, 02 Febrero 2009

Un ano máis, os concellos de Cabanas e Pontedeume xuntan esforzos para levar a cabo unha nova Comida Intermunicipal de Carnaval. Trátase esta dunha actividade en conxunto entre os dous municipios e nos que se xuntan veciños dun e doutro lado para celebrar o Carnaval e desta forma aproveitar para estreitar lazos entre as dúas poboacións.

Nesta ocasión, a comida celebrarase o vindeiro 19 de febreiro, o xoves antes das festas de Carnaval, e terá lugar a partir das dúas e media da tarde, servíndose o tradicional cocido que nestas datas ocupa as mesas da maioría dos galegos. O prazo para poder inscribirse nesta comida rematará o día 16 de febreiro. Para acadar máis información, os interesados poderán dirixirse os Servizos Sociais dos Concellos de Cabanas, no teléfono 981 49 59 59 ou de Pontedeume, no teléfono 981 43 32 88.

Melloras nos Parques Infantís
  • Lunes, 02 Febrero 2009

Entre as diferentes obras que o Concello de Cabanas ten previsto realizar neste ano 2009, atopase a Primeira Fase para a Adecuación dos Parques Infantís ás normativas actuais. O Concello ten na actualidade diversos parques infantís nas diferentes parroquias e lugares, máis o deterioro dos elementos así como as novas normativas en materia de seguridade fan necesario unha renovación completa dos mesmos.

 

Deste xeito, aproveitando un Plan Especial da Deputación de A Coruña, o Concello de Cabanas pretende a adecuación de varios destes parques cun presuposto final que supera os 70.000 euros. Así, nesta primeira fase procederase á dotación de equipamento específico, tanto para actividades lúdico-deportivas en xeral, dirixidas ós nenos e nenas, así como da mellora dunha infraestrutura de uso público existente e que en conxunto servirán para mellorar a calidade de vida dos habitantes de Cabanas.

 

Os parques incluídos nesta fase serán os do Concello Vello, de Lavandeira, de Irís, de As Modias, de Laraxe e o do Areal. Nos traballos que se levarán a cabo está previsto o desmontaxe dos elementos que se atopan en mal estado, tanto polo seu uso continuado como por verse expostos ás inclemencias meteorolóxicas, a preparación do terreo para os novos equipamentos así como a dotación de sistemas de protección.

Oficina de reclamacións polo temporal
  • Miércoles, 28 Enero 2009

Debido ós danos ocasionados polo temporal dos pasados días, que supuxeron un grave prexuízo para os veciños e veciñas do municipio, o Concello de Cabanas vai habilitar nas dependencias municipais unha oficina na que poderán presentar reclamacións polos danos do temporal. Quen desexe presentar ditas reclamacións deberá aportar a maior cantidade de información posible (como fotografías ou facturas) e posteriormente o propio Concello de Cabanas trasladará as mesmas ante a Xunta e o Goberno Central. O horario desta oficina será de luns a venres de 09:00 horas a 14:00 horas.

O Concello de Cabanas pretende asfaltar dous camiños a través do PEIM
  • Martes, 27 Enero 2009

Dende o Concello de Cabanas segue a traballarse na mellora dos servizos e infraestruturas dos núcleos do rural deste municipio. Así, o goberno local xa levou e aprobou en pleno as obras que neste próximo ano están previsto levarse a cabo por medio do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural) que a Consellería de Medio Rural realiza nos diferentes concellos de Galicia.

Nesta ocasión, dende o Concello de Cabanas valorouse a necesidade de mellorar as infraestruturas viarias nas parroquias de Soaserra e Santa Cruz. Na primeira destas parroquias está previsto a pavimentación dunha pista na zona de Lavandeira de Abaixo, mentres que en Santa Cruz preténdese o aglomerado da pista que une os lugares de O Cotiño e O Alto. O custe previsto para estas dúas actuacións supera lixeiramente os 90.000 euros.

Búscase deste xeito o mellorar as condicións da rede de estradas municipais, que inda sen contar cun índice elevado de tráfico, por constituír ben a unión entre os principais viais que percorren o concello, ben o ser o único acceso a núcleos de poboación, soportan un constante tráfico. Este feito unido ó paso do tempo e as condicións meteorolóxicas provocan un deterioro desta rede que con medidas como as do PEIM pretenden arranxarse.

Páginas