Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

“Tapeando Cabanas”, os mellores pinchos como reclamo para disfrutar do municipio

Gallego

A Concellería de Turismo organiza xunto ós establecementos hosteleiros a segunda edición da ruta, que se celebrará dende este venres

Cabanas, 14 de marzo de 2017. O Concello, a través da Concellería de Turismo, organiza por segundo ano consecutivo “Tapeando Cabanas”, a ruta polos establecementos de hostelería deseñada para disfrutar das mellores tapas nun entorno privilexiado para o ocio. En colaboración co sector, “Tapeando Cabanas” desenvolverase dende este venres, 17 de marzo, ata o 9 de abril. E, segundo explica a edil de área, Esperanza Gayoso, durante esas datas, A Estrela do Eume, BK22, Casa Campos, La Encina, La Solana, O Gaiteiro, O Mesón de Cabanas e Yellow ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas con cada consumición e ao prezo de 1,50 euros. Saborosas recetas a degustar as fins de semana –de venres a domingo en horario de cociña-.

Unha vez máis, os clientes serán os encargados de elixir o mellor pincho e, para isto, deberán cubrir una papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un dos espectáculos da programación do Teatro Jofre.

Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, confía en reeditar e incluso mellorar a afluencia de clientes á hostelería de Cabanas e anima a veciños e turistas a tapear polo municipio e disfrutar do mesmo.

Tags: