O Concello de Cabanas propón aos seus veciños unha viaxe cultural ó Xures

Gallego

A Concellería de Cultura e Turismo abre o prazo de inscrición na excursión, que terá lugar o vindeiro 25 de maio

Cabanas, 9 de maio de 2017.  O Concello de Cabanas propón este ano aos seus veciños realizar unha viaxe cultural ó Xures, un dos paraxes naturais máis fermosos de Galicia. A ruta realizarase en autocar e inclúese nos Viaxes Culturais que, unha vez ao ano, organiza o Concello de Cabanas. Terá lugar o 25 de maio, durante todo o día, e para participar é preciso anotarse chamando por teléfono ao número 981 49 59 59 extensión 3. Os que o prefiran poden facelo no propio consistorio de forma presencial, no departamento de Cultura. O prazo remata o 19 de maio.

O itinerario prevé a chegada ó Mercado do Xurés ás 10 horas, con tempo para mercar nos postos. De aí, a ruta continuará no Centro de Interpretación da Vía Nova, así como visita guiada ó campamento romano. Sobre as 12 h, visita á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e, ás 13 h, chegada a Entrimo con parada na igrexa de Santa María la Real. Sobre as 14,30 horas, prevese a comida no Castro Leboreiro.

Xa pola tarde, sobre as 16 horas, os excursionistas partirán cara Lamas de Mouro e o Santuario da Virxe da Peneda, onde se poderá visitar o entorno e mercar nos postos do mercado contiguo. De aí a Soajo, percorrendo os pobos da Serra da Peneda e con parada no miradoiro. Visitarase despois a Eira do Penedo e partirase cara Lindoso. Antes do regreso, sobre as 19 horas, visitarase o conxunto arquitectónico do Castelo e os Milleiros de Lindoso.

Image: 
Tags: