Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello abre luns a preinscrición para pedir praza no Punto de Atención á Infancia

Gallego

As familias interesadas neste servizo para facilitar a conciliación laboral e familiar deben realizar os seus trámites entre o 15 e o 30 de maio

Cabanas, 12 de maio de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, abrirá este luns, 15 de maio, o prazo de preinscrición no Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso 2017-2018. Así, as persoas interesadas en obter unha praza neste servizo poden recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do Concello en días laborables, en horario de 10 a 13 horas. O prazo remata o día 30, incluído.

O Punto de Atención á Infancia é un servizo municipal dirixido a facilitar a  conciliación da vida familiar e laboral e está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O centro oferta a posibilidade dun servizo de xornada completa ou media, para desta forma adaptarse da mellor forma posible ás necesidades dos pais e nais. Estas prazas están dispoñibles sen limitación de pertenza ó Concello de Cabanas, aínda que as familias empadroadas terán preferencia.

Todas aquelas persoas interesadas en solicitar praza no centro de Cabanas poderán atopar toda a información así como os modelos a cubrir nas Oficinas Xerais do Concello, ou ben conseguir máis información chamando ós Servizos Sociais no 981 49 59 59.