O alcalde recibe na consistorial ós expertos en turismo de viaxes Alícia Bea, Verónica Boned e Javier Pep Martínez

Gallego

No marco das primeiras xornadas de divulgación do proxecto “Cabanas: A Fraga Feita Mar” están a descubrir os principais atractivos do municipio

Cabanas, 28 de xullo de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, acompañado da concelleira de Turismo, Esperanza Gayoso, recibiron esta mañá na casa consistorial ós expertos en turismo de viaxe Alícia Bea Ballester, xornalista freelance especializada en viaxes e editora do blog Objetivo Viajar (www.objetivoviajar.com); Verónica Boned Devesa, blogera freelance especializada en viaxes e editora do blog Sinmapa (www.sinmapa.net) e Javier Pep Martínez, consultor especializado en hostelería e turismo (javierpet.com). Todos eles, de visita en Cabanas no marco do proxecto de promoción turística “Cabanas: A Fraga Feita Mar”, que impulsa o Concello.

Ó longo de tres xornadas coñecerán as praias do municipio, As Fragas do Eume, a potencialidade do deporte náutico, as rutas en kaiak, as rutas de sendeirismo e as alternativas de ocio xunto coa gastronomía local.

O alcalde explica que a viaxe enmárcase nas primeiras xornadas de divulgación do proxecto “Cabanas A Fraga Feita Mar: Posicionamento Estratéxico”. Un proxecto que está a desenvolver un equipo multidisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela, e que conta coa  financiación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar, ademais da aportación do Concello de Cabanas.

Trátase dun proxecto xestionado dentro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte. Co obxectivo de dar a coñecer o municipio de Cabanas, desde unha óptica de potenciación das actividades turísticas, e ó mesmo co propósito de atraer a un maior número de turistas e visitantes, invitouse a tres especialistas do turismo de viaxes de ámbito nacional. 

Image: 
Tags: