Ordenanzas e regulamentos

As Ordenanzas e os Regulamentos son normas ditadas polas Entidades Locais no exercicio das súas competencias.

As Ordenanzas son disposicións xerais, e polo tanto dirixidas á veciñanza. Apróbanse polo Pleno Municipal e poden estar dixiriadas ao bo goberno, co fin de regular as relacións veciñais, ou regular unha área concreta da actividade local, como é o exemplo das Ordenanzas Fiscais.

Os Regulamentos coinciden coas Ordenanzas en que tamén son aprobados polo Pleno Municipal, pero difiren en canto aos seus destinatarios e obxecto. Son normas de carácter interno que perseguen a finalidade de organizar o funcionamento dos servizos ou do conxunto da Corporación.

A continuación podes consultar as Ordenanzas e Regulamentos do Concello de Cabanas

Impostos obrigatorios

Impostos potestativos

Taxas

Ordenanzas non fiscais

Prezos públicos