Urbanismo

A Área de Urbanismo é a encargada de xestionar e tramitar todo tipo de autorizacións, certificados e licenzas en materia urbanística, así como comunicacións de aperturas de locais, obras menores e redacción de proxectos municipais.

O servizo está composto por unha arquitecta técnica e un arquitecto, con atención ao público previa cita.

Rueiro

O actual Rueiro e Rede cultural do Concello de Cabanas foi aprobado polo pleno da corporación o 27 de xullo de 2016. Pode consultarse nesta ligazón.

PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal atópase en fase de aprobación provisional polo Pleno da Corporación. A información pódese consultar e descargar nesta ligazón.