Inicio

A unidade móbil de doazón de sangue visita Cabanas este sábado
  • Xoves, 18 Maio 2017

De 10 a 15 horas, estará no estacionamento ubicado fronte á farmacia

Cabanas, 18 de maio de 2017. O Concello de Cabanas informa á veciñanza que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase este sábado, 20 de maio, ó municipio, onde permanecerá entre as 10 e as 15 horas, no estacionamento ubicado fronte á farmacia. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á cidadanía e garantir así as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

A ruta Irís-Santa Cruz que promove o Concello trasládase ó vindeiro domingo 28
  • Mércores, 17 Maio 2017

A Concellería de Deportes sinala que a actividade será gratuíta e os interesados en tomar parte non precisan de inscrición

Cabanas, 17 de maio de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a ruta de sendeirismo Irís-Santa Cruz celebrarase finalmente o domingo 28 de maio. Inicialmente estaba prevista para este domingo, pero cuestións de forza maior obrigaron ó Concello a aplazala unha semana.

O Concello organiza unha charla sobre “Nutrición Saudable” no CEIP Eladia Mariño
  • Luns, 15 Maio 2017

Cabanas, 15 de maio de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha charla informativa baixo o título “Nutrición Saudable”. Levarase a cabo nas instalacións do CEIP Eladia Mariño e vai dirixida ás familias con nenos e nenas no servizo “Mencer na Escola”. Un programa municipal co que o Concello busca favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias que se desenvolve fóra do horario lectivo –de 7,30 a 9,30 h-.

Páxinas