Radio ECCA

Un novo ano académico comeza, e como ben sendo habitual Radio ECCA en convenio coa Consellería de Educación comeza tamén coas súas actividades para a preparación de adultos para a obtención do título de Graduado en Secundario. E como non podía ser de outro xeito, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura volve a colaborar un ano máis, cedendo instalacións para que se poidan impartir clases. Estas serán os martes e mércores, en horario de 19:30 a 21:30 horas na Escola Laica. Todas aquelas persoas que desexen obter máis información acerca desta actividade, poden acudir o vindeiro xoves, 8 de outubro, ás 19:30 horas a unha reunión informativa na que se solventarán todas as dúbidas que poida haber.